Archivo de la etiqueta: pp

Sorpresas na listas

Non seremos nós os que comentemos que Chema Figueroa leve máis de trinta anos na Corporación municipal dos que máis de duas terceiras partes foron na oposición, ou que sendo o presidente local non vaia máis que no terceiro posto da listas electorais por detrás doutros cargos menores do partido local. Cousas haberá en todas as listas que comentar.

O que non podemos deixar pasar é o feito de que o Partido Popular leve nas súas listas ó responsable de que as seguintes ampliacións do barrio conten cunha ampiación de vivendas e non dos servicios correspondentes.

E é que no posto nove da lista presentada recentemente contamos con Rodrigo Portanet, que presume no seu currículum da ampliación de 1.400 vivendas no noso barrio. Deben saber os veciños que esta ampliación supón, entre outras cousas, a construcción de duas torres de doce alturas frente os edificios de Rabo de Galo (á altura do colexio de Amor de Dios) e, por suposto, non inclúe a ampliación de servizos como escolas, institutos, parques, zonas verdes ou traer a outro médico ó centro de saúde.

Ademáis, esta ampliación xa foi rexeitada polos veciños coa presentación dun escrito o pasado mes de marzo no edificio da Xunta de Galicia. Ós políticos encántalles dicir o moito que fan polos veciños e veciñas, como se pagaran eles do seu peto as infraestruturas mímimas ás que temos dereito. Pero parece ser que lles custa un pouco máis, xa non escoitarnos ou facernos caso, senon simplemente sentar nunha mesa e escoitar o que dicimos ademáis de asentir coa cabeza.

Peor que isto so pode ser presumir de ter o título de graduado escolar ou presentar a María José Bravo. De estas dúas so fan unha, polo menos.

Anuncios

Encontros Veciñais Abertos

Na Asociación Novo Vigo de Navia levamos organizando dende o mes de outubro os Encontros Veciñais Abertos. Estos encontros consisten nunha xuntanza aberta a todos os veciños e veciñas cos diferentes grupos políticos de cara ás eleccións municipais que van celebrarse no mes de maio.

A idea foi realizalos antes da elaboración dos programas electorais, para poder comunicar ós futuros representantes políticos a situación actual do barrio e, por outra banda, que os partidos políticos nos comuniquen as súas ideas e proxetos para a cidadanía en xeral e o noso barrio en concreto. Por suposto non se tratou de facer campaña electoral nin de dar mitíns.

O primeiro en vir foi Ruben Pérez de Esquerda Unida de Vigo o 20 de novembro. Explicounos os diferentes proxetos para o barrio e a cidade, o pulo necesario, que, dende o seu punto de vista, é necesario engadir ós sectores produtivos máis importantes, como o naval e a automoción. Tendo en conta que unha gran parte dos veciños e veciñas de Navia traballan nestes eidos cremos que é ben interesante coñecer estes proxetos. Ademáis, referiunos a necesidade de continuar a ampliación do barrio e revisar as modificacións en altura que están previstas nos edificios frente as parcelas de Rabo de Galo.

O seguinte partido en vir foi Podemos o sábado 22, e aproveitaron para fundalo círculo Podemos Navia. Explicaron o seu proxeto ós veciños e veciñas, o seu modelo de funcionamento e os principios fundacionais do novo partido.

podemosO 27 de novembro viñeron do Pp de Vigo Chema Figueroa, Miguel Fidalgo, Mariam García e Javier Dorado. Ofrecéronse para mediar no uso das instalacións da Esad, tema complicado pola complexidade dos equipos técnicos e da capacitación necesaria para utilizalos, e a tentar de encaixar as actividades da Asociación dentros das axudas da Deputación de Pontevedra. Outros temas como a ampliación de horarios do centro de saúde polas tardes quedaron pendentes ó próximo ano; e a ampiación ou construcción de escolas e institutos no barrio quedouse en comunicalo ó Conselleiro de Educación Jesús Vázquez.

ppO 4 de decembro viñeron da Marea de Vigo para presentarnos os seu proxeto de empoderamento político. Explicáronnos os principios de revogabilidade dos cargos electos en caso de non cumplimento do programa, e os seu compromiso coa transparencia.

mareaO 11 de decembro vilñeron de UPyD e explicáronos as súas intencións de retomar os servizos municipais que non sexan eficaces. Nisto, curiosamente, concordaron con Esquerda Unida ou a Marea. Así mesmo, expuseron a necesidade de que os Concellos asuman competencias que non lle son propias con vistas a desenvolver aspectos que quedan paralizados, concretamente a saída de Navia que vai dende a rúa Ufas ata a avenida de Europa. Propuxeron o desenvolvemento de espazos deportivos non federados para uso gratuíto, e o desenvolvemento de infraestruturas e servizos públicos e logo de vivendas dentro do PAU de Navia, ó contrario do feito ata o de agora.

O 18 de decembro vilñeron de CxG o seu cabeza de lista, Manuel Barros, que foi todo un luxo para nós. Esa mesma semana explicou na Confederación de Empresarios o mesmo que viño a explicarnos: a creación dunha caixa pública viguesa con sede na actual Casa das Artes. Ademáis explicounos o seu concepto de elaboración de presupostos participativos, o que é unha constante en case todos os grupos políticos. Así, a Marea, UpyD ou Podemos incidiron tamén neste punto. Manuel Barros fixo ver que o urbanismo vigués é un exemplo en todo o Estado pola riqueza creada ó seu redor.

Despois do descanso de Nadal, chegaron os compañeiros de Equo Vigo, que explicaron a importancia da planificación urbanística e da política enerxética cara a unha sociedade sustentable, a necesidade de premiar as conductas adaptativas, por medio de políticas concretas a desenvolver dende os Concellos, como as facilidades para reciclar. A necesidade de crear espazos colaborativos nos barrios, de desenvolver campañas de fomento da bicicleta e do transporte público, etc.

O 22 de xaneiro viño Serafín Otero, do BNG Vigo para presentarse e coñecer de primeira man as necesidades do barrio. Lembraron que o desenvolvemento do PAU é de Lois Pérez Castrillo e de Cuíña, o que resposta á política de colaboración que o Bloque intentar manter con todos os partidos. Así, o polideportivo de Navia ou a actual gardería son proxetos desenvolvidos por eles cando tiveron ocasión de influenciar nos presupostos municipais, ben como parte do goberno, ben como apoio puntual para sacalos adiante.

IMG-20150123-WA0001O 29 de xaneiro chegou o último partido, o Partido da Terra. Curiosamente este partido non se vai presentar en Vigo, pero non quixo deixar pasar a ocasión para presentarse ós veciños e veciñas de Navia. Concordan coas novas forzas como Podemos ou a Marea en que tamén propoñen un sistema de participación aberta e na necesidade de empoderamento político. De feito estiveron presentes no nacemento da Marea de Vigo xunto a Equo e outras forzas. Concordan con Podemos no uso de novas tecnoloxías como vía de participación directa. Teñen previsto que cando os sistema capitalista de consumo explote se volva á organización por medio de pequenas comunidades, máis centradas en diminuir a pegada ecolóxica e máis adaptativas co medio. De feito recoñecen concordar coa análise dos partidos de esquerda, pero non coa diagnose feita cara a presentar solucións.

Como conclusión só podemos agradecer a todos os partidos, as persoas que os conforman, a súa amabilidade en vir xunto nós a participarnos os seus proxetos e ideas. Agradecémoslle así mesmo, a oportunidade de informarlles dos problemas do barrio e das nosas necesidades. Poderemos coincidir ou non co presentado, pero o traballo por todos eles merece ser tido en conta e, por suposto, comunicado por todos os medios posibles para ser estimado como merece.