Archivo de la etiqueta: instalacións

A visita de Abel Caballero

Estivo este martes 28 o alcalde Abel Cabalero no local da asociación de veciños de Navia. Nós tiñamos algunhas preguntas que plantexar, enviadas polos veciños e veciñas de Navia, que confiaron en nós para ser quen de presentalas ó mandatario local.

  • Qué foi das bibliotecas de proximidade prometidas no seu momento?
  • Vaise colocar no parque mobiliario de barra semellante ó que está en Castrelos para aqueles veciños e veciñas que fan deporte?
  • Posto que a saída peonil cara Coia e Florida é imposible, qué hai de habilitar unha senda peonil cara o Lagares?
  • Vaise poñer mobiliario tipo mesas e asentos no parque para facelo máis habitable?

Estas e outras foron algunhas das preguntas que nos enviáchedes para presentar ó alcalde. Por suposto, nós tiñamos outras tantas:

  • Vanse colocar marquesinas de autobús nun lugar tan necesario como preto de Apamp, a escola e o centro de saúde ou van seguir sendo postas onde xa existen cubertas dos edificios na rúa Teixugueiras?
  • Van abrir dunha vez a pista multiusos ou vai seguir pechada despois da súa inauguración tan publicitada?
  • Vanse colocar bolardos nas rotondas para evitar que os coches aparquen enriba das beirarrúas?
  • Van habilitar espacios de ocio onde poder practicar deporte non federado ou teremos que seguir contando coa Deputación como único interesado para realizar estas actuacións?

Como vedes as nosas intencións eran bastante inocentes, posto que estas preguntas e outras iniciativas son desas que saen baratas e son moi agradecidas pola veciñanza. Pero non houbo sorte desta vez.

Ó contrario que outros grupos que viñeron ó barrio a falar con nós, Abel Caballero veu, explicounos o nacemento, desenvolvemento e necesidades do barrio, comprometeuse a realizar algunhas melloras que el considerou necesarias, e aquelas que prometera e ainda non cumpliu, botoulle a culpa a non ter maioría absoluta e non poder facer o que el consideraba axeitado para nós. Polo menos podemos agradecerlle que non tomara nota do pouco que puidemos falar para botalo despois ó lixo. Ante todo foi sincero cos veciños e veciñas. Sabe o que necesitamos e nolo vai dar sempre que saque maioría absoluta. O recado quedou dado. E, posto que nós puidemos darlle o voso, polo menos vos damos o de el.

Anuncios

As marquesinas do barrio

En diversas reunións insitiuise ó Concello pola colocación dunha marquesina nas paradas de autobús da parte alta do barrio, concretamente na zona onde están Alento, a escola de educación primaria e o centro de saúde. Nada máis lóxico, pensamos nós.

Pois non, está visto que no Concello prefieren poñer a marquesina nunha zona do barrio onde xa existen cubertas dos mesmos edificios e onde os veciños e veciñas poden esperar sen mollarse o autobús. Supoñemos que isto será o que consideran aproveitar os recursos existentes do barrio: deixar á interperie ós usuarios e usuarias de Alento (persoas con cadeiras de rodas), do centro de saúde (persoas maiores e doentes) e da escola (nenos e nenas). E duplicar as utilidades do mobiliario urbán e que tantos cartos costan e que saen dos petos dos sufridos contribuíntes.

Esperemos que o día que poidan inaugurar a escola infantil da que tanto fachendean, e que saia no Faro de Vigo as queixas das nais e pais que teñan que esperar o autobús baixo a choiva pensen un pouco na súa incompetencia. Pola nosa conta, xa que non dispoñemos do Faro, polo menos presentamos o noso rexentamento ás actuacións torpes e mal deseñadas dende este blog.

CDBElNIWEAAy8H7

Fin de semana en Navia

Este fin de semana puidemos comprobar que o Concello camboiu o solo do parque infantil fronte o Lobiños, o máis utilizado polos nenos e nenas do barrio. Estaría ben que o Concello empezara a pensar tamén nos rapaces e rapazas de máis idade e que non teñen moitas opción de ocio. En calquera caso, benvida sexa calquera mellora para a mocidade.

novo_soloPor outra banda este sábado unha representación do barrio acudiu ó acto de homenaxe á Concepción Arenal, a viguesa visitadora de cárceres e que realizaou unha labor  de apoio e estudo das condicións de vida das mulleres e homes máis desfavorecidos do seu tempo, que lle valiu recoñecemetno mundial e, por suposto, na súa cidade. O Concello entregou o premio á galega destacada á mezzosoprano Nuria Lorenzo.

concepcion_arenalE, por último, o domingo continuamos cos entrenamentos da comparsa do Entroido. Traballo duro que tivemos que realizar na rúa por falta de instalacións no barrio onde desenvolver estes entrenamentos. Divertímonos e bailamos ó frío. Esperemos que a ilusión nos nenos e nenas e dos seus pais e nais non teñan que seguir sendo a nosa calefacción por moito máis tempo.

entrenamento_entroido