Archivo de la etiqueta: infraestruturas

A visita de Abel Caballero

Estivo este martes 28 o alcalde Abel Cabalero no local da asociación de veciños de Navia. Nós tiñamos algunhas preguntas que plantexar, enviadas polos veciños e veciñas de Navia, que confiaron en nós para ser quen de presentalas ó mandatario local.

  • Qué foi das bibliotecas de proximidade prometidas no seu momento?
  • Vaise colocar no parque mobiliario de barra semellante ó que está en Castrelos para aqueles veciños e veciñas que fan deporte?
  • Posto que a saída peonil cara Coia e Florida é imposible, qué hai de habilitar unha senda peonil cara o Lagares?
  • Vaise poñer mobiliario tipo mesas e asentos no parque para facelo máis habitable?

Estas e outras foron algunhas das preguntas que nos enviáchedes para presentar ó alcalde. Por suposto, nós tiñamos outras tantas:

  • Vanse colocar marquesinas de autobús nun lugar tan necesario como preto de Apamp, a escola e o centro de saúde ou van seguir sendo postas onde xa existen cubertas dos edificios na rúa Teixugueiras?
  • Van abrir dunha vez a pista multiusos ou vai seguir pechada despois da súa inauguración tan publicitada?
  • Vanse colocar bolardos nas rotondas para evitar que os coches aparquen enriba das beirarrúas?
  • Van habilitar espacios de ocio onde poder practicar deporte non federado ou teremos que seguir contando coa Deputación como único interesado para realizar estas actuacións?

Como vedes as nosas intencións eran bastante inocentes, posto que estas preguntas e outras iniciativas son desas que saen baratas e son moi agradecidas pola veciñanza. Pero non houbo sorte desta vez.

Ó contrario que outros grupos que viñeron ó barrio a falar con nós, Abel Caballero veu, explicounos o nacemento, desenvolvemento e necesidades do barrio, comprometeuse a realizar algunhas melloras que el considerou necesarias, e aquelas que prometera e ainda non cumpliu, botoulle a culpa a non ter maioría absoluta e non poder facer o que el consideraba axeitado para nós. Polo menos podemos agradecerlle que non tomara nota do pouco que puidemos falar para botalo despois ó lixo. Ante todo foi sincero cos veciños e veciñas. Sabe o que necesitamos e nolo vai dar sempre que saque maioría absoluta. O recado quedou dado. E, posto que nós puidemos darlle o voso, polo menos vos damos o de el.

Anuncios

As marquesinas do barrio

En diversas reunións insitiuise ó Concello pola colocación dunha marquesina nas paradas de autobús da parte alta do barrio, concretamente na zona onde están Alento, a escola de educación primaria e o centro de saúde. Nada máis lóxico, pensamos nós.

Pois non, está visto que no Concello prefieren poñer a marquesina nunha zona do barrio onde xa existen cubertas dos mesmos edificios e onde os veciños e veciñas poden esperar sen mollarse o autobús. Supoñemos que isto será o que consideran aproveitar os recursos existentes do barrio: deixar á interperie ós usuarios e usuarias de Alento (persoas con cadeiras de rodas), do centro de saúde (persoas maiores e doentes) e da escola (nenos e nenas). E duplicar as utilidades do mobiliario urbán e que tantos cartos costan e que saen dos petos dos sufridos contribuíntes.

Esperemos que o día que poidan inaugurar a escola infantil da que tanto fachendean, e que saia no Faro de Vigo as queixas das nais e pais que teñan que esperar o autobús baixo a choiva pensen un pouco na súa incompetencia. Pola nosa conta, xa que non dispoñemos do Faro, polo menos presentamos o noso rexentamento ás actuacións torpes e mal deseñadas dende este blog.

CDBElNIWEAAy8H7

Mais que auga

Semella que o alcalde, aínda que non acudiu ós Encontros Veciñais Abertos, coñece unha das principais reivindicacións desta Asociación Veciñal. Así, o Concello vaise dar presa por inaugurar as pistas gratuitas do complexo deportivo Maís que Auga.

Das dez pistas que contará esta instalación de xestión privada, soamente duas serán de uso gratuíto, ademáis de que so estas duas non serán cubertas. Estas duas pistas son as que o alcalde vai inaugurar antes das eleccións: unha pista de fútbol sete, que ainda non sabemos se é de herba, herba artificial ou cemento; e unha pista “multiusos”, que supoñemos que sí será a asfaltada que se pode ver dende o alto da rúa Limpiño, onde curiosamente os traballadores da obra deixaron descuberta unha esquina para que os veciños e veciñas poidamos ir facendonos unha idea deste xenerosos agasallo preelectoral.

Unha vez finalizadas as eleccións, no verán, xa serán inauguradas as salas de pago, que inclúen unha sala de musculación e unha piscina. É de destacar que as listas de espera para os uso destas instalacións no resto de Vigo, esto é, en Coia e Barreiros, teñen disminuído espectacularmente a causa da crise. Esperemos que non suceda outro tanto con estas, aínda pendentes de estrenar, e ás que lle dexesamos o mellor dos futuros para os seus xestores e todos aqueles que se poidan permitir o seu uso.

2011-06-18_IMG_2011-06-18_00-15-43_vi4Caballero, se por algo se distingue, é polo seu sincero interese no benestar dos cidadáns.