Archivo de la etiqueta: concello

A visita de Abel Caballero

Estivo este martes 28 o alcalde Abel Cabalero no local da asociación de veciños de Navia. Nós tiñamos algunhas preguntas que plantexar, enviadas polos veciños e veciñas de Navia, que confiaron en nós para ser quen de presentalas ó mandatario local.

  • Qué foi das bibliotecas de proximidade prometidas no seu momento?
  • Vaise colocar no parque mobiliario de barra semellante ó que está en Castrelos para aqueles veciños e veciñas que fan deporte?
  • Posto que a saída peonil cara Coia e Florida é imposible, qué hai de habilitar unha senda peonil cara o Lagares?
  • Vaise poñer mobiliario tipo mesas e asentos no parque para facelo máis habitable?

Estas e outras foron algunhas das preguntas que nos enviáchedes para presentar ó alcalde. Por suposto, nós tiñamos outras tantas:

  • Vanse colocar marquesinas de autobús nun lugar tan necesario como preto de Apamp, a escola e o centro de saúde ou van seguir sendo postas onde xa existen cubertas dos edificios na rúa Teixugueiras?
  • Van abrir dunha vez a pista multiusos ou vai seguir pechada despois da súa inauguración tan publicitada?
  • Vanse colocar bolardos nas rotondas para evitar que os coches aparquen enriba das beirarrúas?
  • Van habilitar espacios de ocio onde poder practicar deporte non federado ou teremos que seguir contando coa Deputación como único interesado para realizar estas actuacións?

Como vedes as nosas intencións eran bastante inocentes, posto que estas preguntas e outras iniciativas son desas que saen baratas e son moi agradecidas pola veciñanza. Pero non houbo sorte desta vez.

Ó contrario que outros grupos que viñeron ó barrio a falar con nós, Abel Caballero veu, explicounos o nacemento, desenvolvemento e necesidades do barrio, comprometeuse a realizar algunhas melloras que el considerou necesarias, e aquelas que prometera e ainda non cumpliu, botoulle a culpa a non ter maioría absoluta e non poder facer o que el consideraba axeitado para nós. Polo menos podemos agradecerlle que non tomara nota do pouco que puidemos falar para botalo despois ó lixo. Ante todo foi sincero cos veciños e veciñas. Sabe o que necesitamos e nolo vai dar sempre que saque maioría absoluta. O recado quedou dado. E, posto que nós puidemos darlle o voso, polo menos vos damos o de el.

Anuncios

Mais que auga

Semella que o alcalde, aínda que non acudiu ós Encontros Veciñais Abertos, coñece unha das principais reivindicacións desta Asociación Veciñal. Así, o Concello vaise dar presa por inaugurar as pistas gratuitas do complexo deportivo Maís que Auga.

Das dez pistas que contará esta instalación de xestión privada, soamente duas serán de uso gratuíto, ademáis de que so estas duas non serán cubertas. Estas duas pistas son as que o alcalde vai inaugurar antes das eleccións: unha pista de fútbol sete, que ainda non sabemos se é de herba, herba artificial ou cemento; e unha pista “multiusos”, que supoñemos que sí será a asfaltada que se pode ver dende o alto da rúa Limpiño, onde curiosamente os traballadores da obra deixaron descuberta unha esquina para que os veciños e veciñas poidamos ir facendonos unha idea deste xenerosos agasallo preelectoral.

Unha vez finalizadas as eleccións, no verán, xa serán inauguradas as salas de pago, que inclúen unha sala de musculación e unha piscina. É de destacar que as listas de espera para os uso destas instalacións no resto de Vigo, esto é, en Coia e Barreiros, teñen disminuído espectacularmente a causa da crise. Esperemos que non suceda outro tanto con estas, aínda pendentes de estrenar, e ás que lle dexesamos o mellor dos futuros para os seus xestores e todos aqueles que se poidan permitir o seu uso.

2011-06-18_IMG_2011-06-18_00-15-43_vi4Caballero, se por algo se distingue, é polo seu sincero interese no benestar dos cidadáns.

Mellora dos accesos de autobús

O pasado mércores coñecimos pola prensa a mellora nos accesos á Universidade de Vigo dende o noso barrio por medio do Vitrasa. A campaña dos compañeiros da Asociación de Veciños de Teis concluiu coa mellora destes liñas no seu barrio e, de rebote, no noso e no de Bouzas.

Polo que nos toca, a liña U1, que iniciaba o seu percorrido na praza de América, a partires do mércores 18 o fará na igrexa de Bouzas e pasará por Teixugueiras 29 ás 8:04, e voltará á rua Porriño e á Avenida Castelao.

A día de hoxe descoñecemos qué outras paradas haberá na nosa avenida de Teixugueiras, así que o noso consello, se queredes evitar disgustos o primeiro día, é que vaiades ó final da rúa ás 8:00, non vaia ser que non pare o bus na vosa parada habitual. Na páxina de Vitrasa, aínda que está anunciado o cambio da liña non aparecen aínda especificadas as paradas intermedias (.pdf).

É curioso observar que os estudantes universitarios de Navia teñen mellores accesos ó seu centro de estudos que os nenos de seis a dazaoito anos do noso barrio. Benvidas sexan todas as melloras por parte do Concello e de Vitrasa e, pola nosa parte, tomamos nota e agradecemos ós veciños de Teis a reivindicación da que nós tamén nos beneficiamos. Poñer en coñecemento das autoridades as necesidades reais e obxectivas dos veciños e veciñas de Navia non é suficiente en moitas ocasións. As autoridades parecen ser máis receptivas ás protestas e ás campañas que saquen as vergoñas publicamente.

vitrasaVitrasa sempre está atento ás necesidades dos seus usuarios

Fin de semana en Navia

Este fin de semana puidemos comprobar que o Concello camboiu o solo do parque infantil fronte o Lobiños, o máis utilizado polos nenos e nenas do barrio. Estaría ben que o Concello empezara a pensar tamén nos rapaces e rapazas de máis idade e que non teñen moitas opción de ocio. En calquera caso, benvida sexa calquera mellora para a mocidade.

novo_soloPor outra banda este sábado unha representación do barrio acudiu ó acto de homenaxe á Concepción Arenal, a viguesa visitadora de cárceres e que realizaou unha labor  de apoio e estudo das condicións de vida das mulleres e homes máis desfavorecidos do seu tempo, que lle valiu recoñecemetno mundial e, por suposto, na súa cidade. O Concello entregou o premio á galega destacada á mezzosoprano Nuria Lorenzo.

concepcion_arenalE, por último, o domingo continuamos cos entrenamentos da comparsa do Entroido. Traballo duro que tivemos que realizar na rúa por falta de instalacións no barrio onde desenvolver estes entrenamentos. Divertímonos e bailamos ó frío. Esperemos que a ilusión nos nenos e nenas e dos seus pais e nais non teñan que seguir sendo a nosa calefacción por moito máis tempo.

entrenamento_entroido