Archivo de la etiqueta: apamp

A visita de Abel Caballero

Estivo este martes 28 o alcalde Abel Cabalero no local da asociación de veciños de Navia. Nós tiñamos algunhas preguntas que plantexar, enviadas polos veciños e veciñas de Navia, que confiaron en nós para ser quen de presentalas ó mandatario local.

  • Qué foi das bibliotecas de proximidade prometidas no seu momento?
  • Vaise colocar no parque mobiliario de barra semellante ó que está en Castrelos para aqueles veciños e veciñas que fan deporte?
  • Posto que a saída peonil cara Coia e Florida é imposible, qué hai de habilitar unha senda peonil cara o Lagares?
  • Vaise poñer mobiliario tipo mesas e asentos no parque para facelo máis habitable?

Estas e outras foron algunhas das preguntas que nos enviáchedes para presentar ó alcalde. Por suposto, nós tiñamos outras tantas:

  • Vanse colocar marquesinas de autobús nun lugar tan necesario como preto de Apamp, a escola e o centro de saúde ou van seguir sendo postas onde xa existen cubertas dos edificios na rúa Teixugueiras?
  • Van abrir dunha vez a pista multiusos ou vai seguir pechada despois da súa inauguración tan publicitada?
  • Vanse colocar bolardos nas rotondas para evitar que os coches aparquen enriba das beirarrúas?
  • Van habilitar espacios de ocio onde poder practicar deporte non federado ou teremos que seguir contando coa Deputación como único interesado para realizar estas actuacións?

Como vedes as nosas intencións eran bastante inocentes, posto que estas preguntas e outras iniciativas son desas que saen baratas e son moi agradecidas pola veciñanza. Pero non houbo sorte desta vez.

Ó contrario que outros grupos que viñeron ó barrio a falar con nós, Abel Caballero veu, explicounos o nacemento, desenvolvemento e necesidades do barrio, comprometeuse a realizar algunhas melloras que el considerou necesarias, e aquelas que prometera e ainda non cumpliu, botoulle a culpa a non ter maioría absoluta e non poder facer o que el consideraba axeitado para nós. Polo menos podemos agradecerlle que non tomara nota do pouco que puidemos falar para botalo despois ó lixo. Ante todo foi sincero cos veciños e veciñas. Sabe o que necesitamos e nolo vai dar sempre que saque maioría absoluta. O recado quedou dado. E, posto que nós puidemos darlle o voso, polo menos vos damos o de el.

Anuncios

As marquesinas do barrio

En diversas reunións insitiuise ó Concello pola colocación dunha marquesina nas paradas de autobús da parte alta do barrio, concretamente na zona onde están Alento, a escola de educación primaria e o centro de saúde. Nada máis lóxico, pensamos nós.

Pois non, está visto que no Concello prefieren poñer a marquesina nunha zona do barrio onde xa existen cubertas dos mesmos edificios e onde os veciños e veciñas poden esperar sen mollarse o autobús. Supoñemos que isto será o que consideran aproveitar os recursos existentes do barrio: deixar á interperie ós usuarios e usuarias de Alento (persoas con cadeiras de rodas), do centro de saúde (persoas maiores e doentes) e da escola (nenos e nenas). E duplicar as utilidades do mobiliario urbán e que tantos cartos costan e que saen dos petos dos sufridos contribuíntes.

Esperemos que o día que poidan inaugurar a escola infantil da que tanto fachendean, e que saia no Faro de Vigo as queixas das nais e pais que teñan que esperar o autobús baixo a choiva pensen un pouco na súa incompetencia. Pola nosa conta, xa que non dispoñemos do Faro, polo menos presentamos o noso rexentamento ás actuacións torpes e mal deseñadas dende este blog.

CDBElNIWEAAy8H7

Sextos no Entroido vigués

2 14 20 26 27 28 32 33 34 35 36 38 39 40 42 57 59 60 61 2015022300163062470Pechamos onte o entroido en Vigo e en Navia, coa cabalgata das comparsas polo centro da cidade. Despois de Redondela e Bembrive, onte realizamos a terceira saída. Foron dous meses moi intensos, preparando a comparsa practicamente dende o día 1 de xaneiro, ensaiando, cosendo traxes, planeando os detalles de última hora que sempre fallan e, sobre todo, disfrutando os veciños e veciñas de Navia da mutua convivencia e da participación de todos e todas. Os veciños de Apamp, de Alento, da Escola Superior de Arte Dramático, os veciños e veciñas de Emilio Crespo e esta asociación veciñal demostramos un ano máis que xuntos facemos grandes cousas.

Onte quedamos no posto sexto, que é máis que digno, xa que é o terceiro ano que participamos, quedando entre os seis primeiros todos os anos. Moitos dos compañeiros das outras comparsas levan moitos anos participando, polo que están mellor preparados para coordinarse e para montar espectáculos  realmente fermosos. Premios moi merecidos os de Matamá, Mañufe e Nuria Castro, 1º, 2º e 3º posto respectivamente.

Deixamos unhas fotos das diversas participacións, agradecendo a presencia de todos e todas, desexando que primase a diversión e o compañeirismo, que son o verdadeiro motivo de participar no Entroido. E, por suposto, desexando que o próximo ano sexamos moitos máis. Non deixedes de vir a participar, porque todos e todas somos benvidos.

1622770_866346960073038_6026809387929141257_n 1610886_866346953406372_2141023907120445708_n 10933887_10205891841165489_7375939521957597803_n 11017843_10153143245047787_7519185118338178024_n 11021208_10153143246812787_137937299253409415_n 10968189_10153143245372787_2987277875181406694_n 10985540_10153143245682787_5564113570529469712_n 1619116_10153143246027787_7039584871043401113_n 11021241_10153143246427787_1665515296826775289_n 524218_10153143249107787_2408545915192472746_n 10424308_10153143247927787_1064837023044725075_n 11006370_10153143248282787_9122445398441599678_n 11018905_10153143248522787_7504370157379265113_n 10968244_10153143248757787_1910408636951142935_n 11011260_10153143248952787_4779056897464472388_n 10486221_10153143247517787_4178055539184169565_n 11002650_866347053406362_8016888867242434534_n 10991118_866347143406353_7042134569661120127_n 10923227_866610470046687_4716297843689207622_n 11021084_866346966739704_277002796875002965_n 10995829_10153143247252787_8654574488792946713_n 10408746_866347146739686_3941873910496579897_n 10995292_866347150073019_8262093194878387230_n 10991385_866347060073028_5136413489856250417_n 1962870_866347046739696_9194241344447946636_n 10991130_10153143247022787_9179440758138527496_n