Archivo de la categoría: Xunta

Sorpresas na listas

Non seremos nós os que comentemos que Chema Figueroa leve máis de trinta anos na Corporación municipal dos que máis de duas terceiras partes foron na oposición, ou que sendo o presidente local non vaia máis que no terceiro posto da listas electorais por detrás doutros cargos menores do partido local. Cousas haberá en todas as listas que comentar.

O que non podemos deixar pasar é o feito de que o Partido Popular leve nas súas listas ó responsable de que as seguintes ampliacións do barrio conten cunha ampiación de vivendas e non dos servicios correspondentes.

E é que no posto nove da lista presentada recentemente contamos con Rodrigo Portanet, que presume no seu currículum da ampliación de 1.400 vivendas no noso barrio. Deben saber os veciños que esta ampliación supón, entre outras cousas, a construcción de duas torres de doce alturas frente os edificios de Rabo de Galo (á altura do colexio de Amor de Dios) e, por suposto, non inclúe a ampliación de servizos como escolas, institutos, parques, zonas verdes ou traer a outro médico ó centro de saúde.

Ademáis, esta ampliación xa foi rexeitada polos veciños coa presentación dun escrito o pasado mes de marzo no edificio da Xunta de Galicia. Ós políticos encántalles dicir o moito que fan polos veciños e veciñas, como se pagaran eles do seu peto as infraestruturas mímimas ás que temos dereito. Pero parece ser que lles custa un pouco máis, xa non escoitarnos ou facernos caso, senon simplemente sentar nunha mesa e escoitar o que dicimos ademáis de asentir coa cabeza.

Peor que isto so pode ser presumir de ter o título de graduado escolar ou presentar a María José Bravo. De estas dúas so fan unha, polo menos.