Archivo de la categoría: Sin categoría

Inauguración das pistas deportivas

Mañán sábado serán inauguradas as pistas deportivas do barrio. Consisten nun campo de fútbol, que será xestionado polo Instituto Municipal dos Deportes, e está previsto para amplialas horas do clubes deportivos que xa utilizan as actuais instalacións.

A maiores será inaugurada unha pequena pista multiusos de uso totalmente público e gratuito e que, polo momento, será a única á que poderemos acceder os veciños e veciñas de Navia sen mediación de ningunha institución xestora.

Animamos a todos os veciños e veciñas a que asistan á inauguración de mañán sábado á 11:30 e que tomemos posesión desta pista o antes posible, antes que as necesidade de formación dos clubes dos barrios de Vigo abarquen tamén este espacio gratuito e aberto. Acudide con pelotas, aros, patíns, e balóns e difrutemos os veciños e veciñas de Navia dun sábado mañairo e deportivo.

Taller de arte urban no Pau de Navia o 15 de marzo

O próximo 15 de marzo celebrase un taller de arte urban en Navia dentro da iniciativa Vigo cidade de cor, promovida polo Concello de Vigo. Este programa desenrolarase en distintos barrios da cidade, é a Concejala Carmela Silva nos fixo chegar o interese persoal de que se celebrase un deles no noso barrio. Dende a Asociación Novo Vigo agradecemos todas as iniciativas que se promuevan para dinamizar o noso barrio.

O taller terá lugar na rúa Teixugueiras a altura do número 30 e comenzará as 11.30 horas. Este evento esta pensado para nenos e nenas é público en xeral.

Dese a Asociación Veciñal Novo Vigo os animos a participar, xa que contaremos cun maestro de excepción, o magnífico e recoñecido pintor Mingos Teixeira. Este artista vigués expuso a súas obras nas salas más importantes a nivel nacional e internacional en cidades como Madrid, Stuttgart, Ravenna, New York, Lisboa,..

MG_9743

Mingos Teixeira sempre estivo  obsesionado pola cor e a composición que trata de aportar, dende plantexamentos investigadores e existencialistas, novos camiños expresivos e comunicativos do arte.

É tamén coñecido polo seu afán de achegar o mundo do arte os mozos mediante publicacions, artículos, conferencias, programas educativos e culturais, etc., actividade que o levou a foros internacionais da educación artística como o 4th International Congress of Educating Cities en Chicago, como creador e coordinador do Programa Educativo Escola e Arte.

É todo un luxo contar en Navia cun artista da sua talla e telo como mestre durante unhas horas, de seguro que para os cativos e mozos do barrio será unha experiencia inolvidable.

274081069_640

TALLER DE ARTE URBÁN A CARGO DO ARTÍSTA MINGOS TEIXEIRA.

DÍA: 15 De Marzo

Hora: 11.30

LUGAR: A ALTURA DO NÚMERO 30 DA RÚA TEIXUGUEIRAS.

Achega de 2000 sinatura na Xunta de Galicia

Hoxe somos noticia na prensa porque o xoves pola tarde achegamos 2000 sinaturas no rexisto da Xunta de Galicia, ainda ca noticia nos medios de comunicación non sinala a correlación de feitos detalladamente é de agradecer os medios que se fixeran eco do noso problema.

Dende a AVV Novo Vigo opusimonos dende o primeiro momento a modificación parcial do plan de edificabilidade de Navia aumentando as alturas dun só edificio, na nosa opinión de forma aleatoria e atentando contra o concepto urbanístico de Navia, que prevía unha edificación escalonada para fundirse no entorno do Navia Vello. Por outro lado, explicábamos que este aumento de edificabilidade non iba a par dun aumento de servicios. En Navia ninguén pensou na necesidade dun salón de actos o de espacios comunitarios amplos.

Esta información achegouse o Concello de Vigo por rexistro, e mais alguns veciños foron recibidos e escoitados na conselleria de urbanista. Temos constancia é publicaremos nesta páxina en breve, co resto da documentación, que o Concello fixo chegar a nosa queixa a Conselleria.

A Xunta de Galicia non pode dicir que descoñece o tema porque hai un escrito presentado dende esta asociación e outro dende o Concello de Vigo, recomendando que se escoiten as demandas dos veciños e veciñas, ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Dende esta asociación pensamos que pode e debe existir vontade política para solucionar este problema, e creemos que a Xunta debe tomar partido o favor dos veciños e veciñas do Pau de Navia. Entendemos que as veces a burocracia e o exceso de tramites pode facer que se perda información, polo que de novo e como sempre invitamos os políticos o achegarse o noso barrio e coñecer de primeira man este e outros problemas. 

Nestes días faremolles chegar estes documentos o Presidente da Xunta, a nova candidata do Partido Popular por Vigo quen xa achegou polo barrio fai uns días, e por suposto de novo o Concello de Vigo.

20150306_162643 20150306_162716

Festa en Apamp

Os amigos de Apamp colgaron esta mensaxe na súa páxina de facebook, da que nos facemos eco:

Con toda la alegría del mundo os invitamos mañana, a las 5 de la tarde, a celebrar con nosotros el segundo aniversario del Servicio Residencial de Navia. Contaremos con la actuación del grupo musical M3 que será la encargada de amenizar este día de fiesta!!!
Os esperamos!! Un evento así no os lo podéis perder!!
Nuestra dirección: Pedra Seixa, 33!!

Así que nós o repetimos aquí e contamos con vos ver a todos mañán ás cinco da tarde.