Archivo de la categoría: Navia

A visita de Abel Caballero

Estivo este martes 28 o alcalde Abel Cabalero no local da asociación de veciños de Navia. Nós tiñamos algunhas preguntas que plantexar, enviadas polos veciños e veciñas de Navia, que confiaron en nós para ser quen de presentalas ó mandatario local.

  • Qué foi das bibliotecas de proximidade prometidas no seu momento?
  • Vaise colocar no parque mobiliario de barra semellante ó que está en Castrelos para aqueles veciños e veciñas que fan deporte?
  • Posto que a saída peonil cara Coia e Florida é imposible, qué hai de habilitar unha senda peonil cara o Lagares?
  • Vaise poñer mobiliario tipo mesas e asentos no parque para facelo máis habitable?

Estas e outras foron algunhas das preguntas que nos enviáchedes para presentar ó alcalde. Por suposto, nós tiñamos outras tantas:

  • Vanse colocar marquesinas de autobús nun lugar tan necesario como preto de Apamp, a escola e o centro de saúde ou van seguir sendo postas onde xa existen cubertas dos edificios na rúa Teixugueiras?
  • Van abrir dunha vez a pista multiusos ou vai seguir pechada despois da súa inauguración tan publicitada?
  • Vanse colocar bolardos nas rotondas para evitar que os coches aparquen enriba das beirarrúas?
  • Van habilitar espacios de ocio onde poder practicar deporte non federado ou teremos que seguir contando coa Deputación como único interesado para realizar estas actuacións?

Como vedes as nosas intencións eran bastante inocentes, posto que estas preguntas e outras iniciativas son desas que saen baratas e son moi agradecidas pola veciñanza. Pero non houbo sorte desta vez.

Ó contrario que outros grupos que viñeron ó barrio a falar con nós, Abel Caballero veu, explicounos o nacemento, desenvolvemento e necesidades do barrio, comprometeuse a realizar algunhas melloras que el considerou necesarias, e aquelas que prometera e ainda non cumpliu, botoulle a culpa a non ter maioría absoluta e non poder facer o que el consideraba axeitado para nós. Polo menos podemos agradecerlle que non tomara nota do pouco que puidemos falar para botalo despois ó lixo. Ante todo foi sincero cos veciños e veciñas. Sabe o que necesitamos e nolo vai dar sempre que saque maioría absoluta. O recado quedou dado. E, posto que nós puidemos darlle o voso, polo menos vos damos o de el.

Anuncios