Achega de 2000 sinatura na Xunta de Galicia

Hoxe somos noticia na prensa porque o xoves pola tarde achegamos 2000 sinaturas no rexisto da Xunta de Galicia, ainda ca noticia nos medios de comunicación non sinala a correlación de feitos detalladamente é de agradecer os medios que se fixeran eco do noso problema.

Dende a AVV Novo Vigo opusimonos dende o primeiro momento a modificación parcial do plan de edificabilidade de Navia aumentando as alturas dun só edificio, na nosa opinión de forma aleatoria e atentando contra o concepto urbanístico de Navia, que prevía unha edificación escalonada para fundirse no entorno do Navia Vello. Por outro lado, explicábamos que este aumento de edificabilidade non iba a par dun aumento de servicios. En Navia ninguén pensou na necesidade dun salón de actos o de espacios comunitarios amplos.

Esta información achegouse o Concello de Vigo por rexistro, e mais alguns veciños foron recibidos e escoitados na conselleria de urbanista. Temos constancia é publicaremos nesta páxina en breve, co resto da documentación, que o Concello fixo chegar a nosa queixa a Conselleria.

A Xunta de Galicia non pode dicir que descoñece o tema porque hai un escrito presentado dende esta asociación e outro dende o Concello de Vigo, recomendando que se escoiten as demandas dos veciños e veciñas, ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Dende esta asociación pensamos que pode e debe existir vontade política para solucionar este problema, e creemos que a Xunta debe tomar partido o favor dos veciños e veciñas do Pau de Navia. Entendemos que as veces a burocracia e o exceso de tramites pode facer que se perda información, polo que de novo e como sempre invitamos os políticos o achegarse o noso barrio e coñecer de primeira man este e outros problemas. 

Nestes días faremolles chegar estes documentos o Presidente da Xunta, a nova candidata do Partido Popular por Vigo quen xa achegou polo barrio fai uns días, e por suposto de novo o Concello de Vigo.

20150306_162643 20150306_162716

Anuncios

Un pensamiento en “Achega de 2000 sinatura na Xunta de Galicia

  1. Pingback: Sorpresas na listas | A.VV. Novo Vigo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s